Lingua
18 Setembro 2006Góstame este poema, pola súa forza e sentimento dende alén mar. Foi publicado na revista “Galicia” do Centro Galego de Bos aires, Decembro de 1981.
Lingua dos meus avós
que non falan meus fillos:
¿quen te fixo cal fonte
xurdir dentro de min?
Lingua que fuches, eres
sangue de sangue, terra
feita de homes, homes
do mar e a terra, lingua
corrente, nidia, escura
coma o sol dunha sombra.
(Rodolfo Alonso)
Recollido por X.Alonso Montero en “Lingua e literatura galegas na Galicia emigrante“. Santiago, Xunta de Galicia, 1995 (páxs. 180-181)
“Catano” significa…
31 Agosto 2006Esta palabra dicíaa meu avó cando algo non ía coma el agardaba. Á lingua galega, de cote, tampouco lle están a saír as cousas. Irmos poñendo en coñecemento dos demais aquelas situacións da vida cotía nas que o galego non é empregado con normalidade, pode axudarnos a que non teña tantos “catanos”.
Por exemplo, non son quen de que nas peaxes das autoestradas galegas me contesten en galego. Pásavos o mesmo?