Arquivo de Setembro de 2006

Lingua

18 Setembro 2006

Góstame este poema, pola súa forza e sentimento dende alén mar. Foi publicado na revista “Galicia” do Centro Galego de Bos aires, Decembro de 1981.

Lingua dos meus avós
que non falan meus fillos:

¿quen te fixo cal fonte
xurdir dentro de min?

Lingua que fuches, eres
sangue de sangue, terra

feita de homes, homes
do mar e a terra, lingua

corrente, nidia, escura
coma o sol dunha sombra.
              (Rodolfo Alonso)

Recollido por X.Alonso Montero en “Lingua e literatura galegas na Galicia emigrante“. Santiago, Xunta de Galicia, 1995 (páxs. 180-181)