Lingua
Góstame este poema, pola súa forza e sentimento dende alén mar. Foi publicado na revista “Galicia” do Centro Galego de Bos aires, Decembro de 1981.
Lingua dos meus avós
que non falan meus fillos:
¿quen te fixo cal fonte
xurdir dentro de min?
Lingua que fuches, eres
sangue de sangue, terra
feita de homes, homes
do mar e a terra, lingua
corrente, nidia, escura
coma o sol dunha sombra.
(Rodolfo Alonso)
Recollido por X.Alonso Montero en “Lingua e literatura galegas na Galicia emigrante“. Santiago, Xunta de Galicia, 1995 (páxs. 180-181)
outubro 2nd, 2006 at 9:14 pm
Grande Xesus!! tiven a ocasion de velo nun mitin de Esquerda Unida nas ultimas autonómicas e de falar con el logo e dende logo e un grande